text stringlengths 0 61.3k | label stringclasses 9
values |
|---|---|
Quedo coas promesas programáticas de Podemos que coas realidades ofrecidas por quen nos gobernan, ao menos aquelas posúen a ilusión da esperanza mentres estas teñen a vileza do estafador. Coa aparición de Podemos nada será igual. Aínda que non se saiba como vai discorrer o proxecto, converteuse xa nun fenómeno que, com... | Política |
O TSXG vén declarando improcedentes ducias de despedimentos de persoal que seguiu contratado por "obra ou servizo" moito despois de rematada a pandemia e agora ademais declara nulos varios ceses producidos tras denunciar os afectados a súa situación
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén ratificando nos ... | Acontece |
A pasada semana o socialista José Tomé, alcalde de Monforte, foi investido presidente da Deputación de Lugo cos votos a prol do PSdeG e BNG. Coa constitución da entidade provincial lucense, adiada polos contenciosos electorais en Burela e Monterroso, quedaban despexadas as eleccións das persoas que terán na man durante... | Política |
Foi un problema que chegou e non se detivo desde que en 2012 se avistasen os primeiros exemplares da avespa velutina. A proliferación desta especie en Galicia provoca a redución da biodiversidade -nomeadamente pola afectación nas abellas-, causa serios prexuízos económicos no sector apícola e froiteiro e crea riscos de... | Economía |
A agresión imperialista define a historia do pobo turco, dende o seu berce na Asia Menor dos séculos XII e XIII. Agresión que se manifestou na conquista dos Balcáns no século XIV e de Constantinopla no 1453, onde ducias de milleiros de civís foron mortos e escravizados. No século XVII Grecia foi conquistada tamén. Dend... | Mundo |
Son “un selo de rock modular” de mozos tirando a novos que levan quilómetros de notas no corpo. Hai magníficos instrumentistas, altas doses de sensibilidade, humor, insólitos letristas para tempos delirantes, poetas e ousados músicos. Teñen en común a fraternidade, o interese polos respectivos proxectos e a convicción ... | Cultura |
Abril será un mes de peches nos centros de ensino e outras accións de protesta ante o proxecto de reforma educativa e os recortes no financiamento. O primeiro dos peches, como xa a anunciara a pasada semana a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, terá lugar este martes no IES Rosalía de Castro de Santiago de ... | Movementos sociais |
Nestes tempos despois da primeira fase do coronavirus parece que estamos a restablecer a que se da por chamar ‘nova normalidade’. Para comezar, se é ‘nova’ xa non se trata de ‘restablecer’, e polo momento ao menos, non será tampouco ‘normalidade’. Quizais máis adiante.
Por outra banda, algo complexo, pois para comezar... | Acontece |
O pasado abril a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, encargáballe un informe ao xefe de seguridade da Cámara. Facíao poucos días despois de que un grupo de persoas afectadas polas participacións preferentes das antigas caixas protestasen dende a tribuna de convidados do hemiciclo e increpasen, xa nos corredores do Pa... | Política |
Colectivos ecoloxistas e políticos aventuran que a sentenza contra o parque de Corme virá seguida doutras similares por reducir o Goberno galego os prazos de exposición pública dos proxectos
“Desfeita”, “depredación”, “pau”, “vulneración de dereito”. A sentenza feita pública este venres polo Tribunal Superior de Xusti... | Política |
Tras inaugurarse en 2013 a autovía ata Celanova, pola que a Xunta está a pagar de máis, quedou pendente a mellora da OU-540 ata a fronteira, pero nela xa non se farán as circunvalacións de Bande e Verea senón só unha mellora da calzada actual
Tras o afundimento do Prestige non só o Estado senón tamén a Xunta anunciou ... | Política |
CIG-Saúde convoca este xoves ás 11 horas no edificio do Sergas, en Compostela, unha concentración de persoal desempregado do Servizo Galego de Saúde. A concentración desenvolverase, de forma simbólica, como unha “cola do INEM”. A central quere denunciar deste xeito a situación de desemprego e inactividade total ou case... | Acontece |
Os atascos provocados por Autopistas del Atlántico nalgúns dos seus postos de peaxe adoitan ir acompañados dunha imaxe recorrente: persoal da compañía bota man do chaleque reflectante para exercer de algo semellante a un garda de tráfico e tentar pór orde no caos, ordenando do xeito menos malo posible as interminables ... | Política |
Son momentos clave para o futuro do emprego na factoría de Alcoa da Coruña, da que a multinacional americana se quere desfacer dúas décadas despois de quedar con ela na privatización organizada polo Goberno de José María Aznar. O Ministerio de Industria expón este martes aos gobernos galego e asturiano as ofertas dos i... | Política |
Dende o pasado 21 de outubro está en vigor a lei de memoria democrática tras recibir a luz verde definitiva tanto do Congreso como do Senado. Entre as disposicións da nova norma está a institución do 31 de outubro como "día de recordo e homenaxe a todas as vítimas do golpe militar, a guerra e a ditadura" por cadrar nes... | Acontece |
No Nadal de 2017, o Centro Gallego de Bos Aires (CGBA) celebraba unha asemblea de socios que activaba as negociacións para a venda da súa histórica sede e da xestión sanitaria. Logo de sete anos intervida polo Estado arxentino e cunha xigante débeda, a máis importante institución da emigración galega asomábase ao preci... | Acontece |
* Fragmentos da intervençom no ato Pola Frente Ampla. Que Europa queremos?, organizado por ANOVA-Compostela o passado 6 de novembro de 2013.
Nada voltará a ser como antes da crise. A bolha imobiliária e a especulaçom financeira foram quem de criar umha fiçom amável, umha difusa utopia neoliberal que se situava na tese... | Política |
O exercicio memorialista esixe unha análise profunda das consecuencias éticas e políticas da xestión da nosa historia, unha xestión que deliberadamente optou por borrar os datos
Non é primeira vez, nin será a última, que visite a illa de San Simón. A miña reiterada presenza nese lugar, no seu formato actual de Resort ... | Acontece |
O informe policial atribúe a orixe do lume aos empalmes irregulares realizados no cadro eléctrico do edificio
O Xulgado de Instrución número 1 de Vigo acordou, nun auto asinado o mércores e feito público este venres, o sobresemento provisional e arquivo da causa aberta sobre o incendio dun edificio da cidade sucedido ... | Acontece |
Acatamento con peaxe. O presidente da Xunta acudiu este mércores á primeira sesión de control parlamentario da lexislatura cunha inédita proposta no cartafol. Despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditase, en maís de media decena de sentenzas, a ilegalidade de artigos nucleares do denominado de... | Movementos sociais |
Na pasada semana, unha mobilización en defensa da sanidade pública e contra os recortes desenvolveuse no Rosal, que leva meses denunciando a escaseza de médicos e as precarias condicións da Atención Primaria, cunha soa doutora para atender máis de 6.000 habitantes.
Días antes, a falta dunha ambulancia obrigara a profe... | Política |
“Non imos perder moito tempo nun problema orgánico dun partido”, dicía o xa ex-presidente o 17 de febreiro, cando se puxo do lado de Ayuso fronte a Casado e iniciou a súa marcha da Xunta
“Non imos perder moito tempo nun problema orgánico dun partido”. Estas verbas empregaba o 17 de febreiro pasado Alberto Núñez Feijóo... | Política |
A Agal, organizadora dos aPorto, e Praza.gal oferecem um aPorto para Docentes Nível A2 que decorre de 29 de julho a 2 de agosto, totalmente gratuito, que será sorteado entre as pessoas com mais acertos no seguinte quizz. As vossas respostas podem ser enviadas para cursos@a.gal
Chega a décima edição dos aPorto. São cur... | Cultura |
Hai unhas semanas pechou as súas portas no Hospital de Ourense a Unidade Multidisciplinar post-COVID. Este xoves persoas que sofren os efectos da doenza concentráronse ás portas do centro hospitalario para protestar contra a decisión adoptada polo Sergas.
Hai unhas semanas pechou as súas portas no Hospital de Ourense ... | Acontece |
Entre 2010 e 2016 desapareceron case 900 camas operativas, ao redor do 10%
O número de camas hospitalarias en funcionamento no Sergas segue reducíndose. En 2016 (último dato publicado, difundido o pasado venres polo IGE) a cifra caeu ata as 9.045. É o mínimo na serie histórica, que comeza no ano 1999, hai dúas décadas... | Acontece |
Moito antes do "erro inxustificable" admitido por Feijóo por aprobar unha reforma legal que beneficia a algúns condenados, o seu PPdeG xa recoñecera todo tipo de erros na tramitación de leis no Parlamento de Galicia
"O que é evidente é que cometemos un erro e os erros necesitan unha rectificación". Así valora o presid... | Política |
Un tren Alvia que cubría a ruta entre Madrid e Ferrol descarrilou a tres quilómetros de Santiago, nun accidente no que faleceron 80 persoas e tras o que quedaron feridas unhas 170. O sinistro, a peor traxedia ferroviaria do Estado nos últimos 40 anos, tivo lugar ás 20.42 horas. Durante horas os bombeiros e a policía ax... | Política |
Dióxenes de Sinope, ese gran filósofo que vivía nun barril e que chamamos pai do relativismo cultural e por conseguinte da dobre moralidade, estaría a ben seguro moi contento co que hoxe en día é o mundo da política, e especialmente da política internacional.
Esa dobre moral da que falamos ten os seus exemplos máis sa... | Mundo |
Ao redor de 1.500 persoas participaron este mércores na manifestación convocada polo comité de folga dos axentes ambientais e forestais (CIG e UGT) para reclamar a dignificación laboral deste colectivo mediante un acordo que regule as súas condicións de traballo. A marcha quería denunciar así mesmo a política forestal ... | Acontece |
O Mural formalizou este mércores a súa solicitude para que os oito frescos de Lugrís deste local da rúa Olmos sexan declarados BIC. Agora a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ten seis meses para decidir sobre esta petición
No baixo do número 25 da rúa Olmos da Coruña Urbano Lugrís pintou no ano 1951 oito dos seus ... | Cultura |
A política galega volve cruzar o Atlántico, desta volta da man do aspirante do PSdeG á presidencia da Xunta. Gonzalo Caballero disponse a viaxar á Arxentina nunha visita preelectoral con citas xa habituais neste tipo de viaxes, pero dúas delas de especial significado político: será recibido polo novo presidente do país... | Movementos sociais |
Un condutor que ía como pasaxeiro no Alvia lembra que a formación sobre a liña, na que cada maquinista decidía o seu propio punto de referencia para frear, a recibiron cun tren distinto máis lento e que requiría menos tempo para frear
Tras a declaración este mércores do interventor que fixo a chamada que despistou o m... | Política |
Os sistemas sanitarios organizados en dous niveis asistenciais son os máis eficientes e os que máis aportan á saúde da poboación. Un sistema sanitario “forte” precisa unha AP “forte” (Barbara Starfield). A AP debe ser o elemento central que asuma a coordenación dos procesos asistenciais e, para iso, ten que contar con ... | Movementos sociais |
O blog de Praza dedicado aos Territorios Ocupados, Diario de Palestina, fala esta semana dun xogo, que comeza a ser moi popular en Israel, no que homes e mulleres de todas as idades, mesmo nenos 'practican' como matar 'terroristas'.
Os atractivos turísticos de Palestina crecen co verán e este ano, en Cisxordania, amai... | Mundo |
Tomás Fajardo continuará, cando menos de momento, á fronte da Federación Galega de Confrarías. E iso a pesar de que este sábado o actual presidente non superou a moción de confianza que el mesmo presentara e de que unha ampla maioría dos representantes das confrarías, case dous terzos, votaron na súa contra. En concret... | Movementos sociais |
O Medio Rural foi unha das fontes de conflito político máis acendidas durante a presente lexislatura galega. A fusionada consellería de Medio Rural e Mar tivo que afrontar diversos momentos de tensión, moi especialmente durante as protestas gandeiras tras a fin da cota láctea, que os gandeiros aínda continúan ao sentír... | Política |
Malia constatar as ilegalidades do 'boom' construtivo de hai dúas décadas, a xustiza absolveu en 2019 o goberno do PP e agora exculpa tamén a secretaria municipal, pero ratifica a condena dunha empregada municipal por manipular un rexistro puntual
En Barreiros, concello con pouco máis de 3.000 habitantes, nun só día d... | Política |
É unha das "lendas negras" que pesa sobre a formación e o seu líder, Juan López de Uralde, apostou por subliñar a súa "falsidade". No marco da súa participación en Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Equo presentouse este luns en Galicia a través de Uralde que, acompañando a algúns dos seus representantes nas candidat... | Política |
O BNG propón "unha fronte común" co obxectivo de "frear a ofensiva antidemocrática" que o PP prepara, segundo a formación nacionalista, a través do anunciado recorte do Parlamento galego e da reforma electoral para ilegalizar as coalicións postelectorais. Por iso, o Bloque vén de enviar unha carta a todas as forzas pol... | Política |
O grupo de cidades de Galicia e o Norte de Portugal celebra en xuño en Braga un congreso sobre desenvolvemento urbano que será clausurado polo primeiro ministro portugués, Antonio Costa, e no que se entregará un recoñecemento a Jacques Delors
“Comezamos desde hoxe a traballar para que Galicia e o Norte de Portugal sex... | Política |
En Galicia o parque de vivenda pública dependente da Xunta rolda as catro mil vivendas. Son, concretamente, 3.819 pisos arrendados con criterios sociais. Tras década e media de práctica parálise, o Goberno galego vén reiterando que o seu obxectivo é "duplicar" este parque público nunha lexislatura ata roldar as 8.000 v... | Acontece |
En maio de 2013 foi derrubado no Porto de Santa Cruz, en Oleiros, o Hotel Maxi, inaugurado en 1965 por Manuel Fraga como hotel e restaurante, trala reconversión do edificio, que en orixe fora unha fábrica de conservas. O derrubo deixaba un predio baleiro a carón do mar, abrindo unha visión directa do Castelo de Santa C... | Movementos sociais |
End of preview. Expand in Data Studio
README.md exists but content is empty.
- Downloads last month
- 56